2 870 785 libros electrónicos en 110 idiomas
¿No le conviene? No hay problema. Puede devolverlo en un plazo de 30 días
No se equivocará con un vale de regalo. El destinatario puede elegir cualquier producto de nuestra oferta.
Política de devolución de 30 días
Mercedes volveu dos EUA embarazada dunha filla, Indira, á que nunca lle desvelou a identidade do seu pai. Tres décadas transcorren entre esa viaxe de ida e volta de Ribadomar a Denver, para cursar estudos universitarios, e a de Indira, quen segue as pegadas da súa nai e regresa de América con información inesperada e reveladora.Con prosa sinxela e ritmo áxil, cun chisco de humor e misterio, sen pudor nin sentimentalismos, A miña vida noutro lugar narra a vida íntima dunha muller que valora o alleo sempre por riba do propio. O elenco de personaxes é amplo: unha nai omnipresente; unha vidente chicana; un mozo indio; un compañeiro de vida francés; un amante vasco; un vello veciño navegante; un par de amigas ao outro lado do Atlántico...Amor, soidade e identidade impregnan estás páxinas.