2 901 544 libros electrónicos en 110 idiomas
¿No le conviene? No hay problema. Puedes devolver los artículos hasta 30 días
No se equivocará con un vale de regalo. El destinatario puede elegir cualquier producto de nuestra oferta.
Hasta 30 días para devoluciones
Aló onde os meandros do Miranda habitan nas branquias das troitas, o ar da Terra Brava insiste en cicatrizar os pousos do alustro que fixeron dunha pel o mapa da melancolía máis atonal, Pedro e María de Miranda Ribadeneyra aprenderon a construír á vez os seus máis lícitos devezos, malia que os lóstregos da inmundicia tratasen de lles esgazar os lamentos. È esta a pintura dun relato propiamente rescatado da memoria familiar, estritamente baseada en feitos reais, agás naqueles fragmentos e imaxes que non o son. Unha crónica da Galiza rural e escura dos comezos da Idade Moderna, unha analítica das febres das persoas e un apañar polas estradas o anuncio da santidade duns homes, e dunha muller, que só trataron de se explicaren a través da luz do seu instinto. A traxectoria dunha monxa e un grumete que aínda serve para que edifiquemos unha illa enchida onde pór a bandeira que pinta todas as cores do arco da vella.
¡Hola! Soy Libroamiko, tu asesor de libros.
¿Cómo puedo ayudarte?