¿No le conviene? No hay problema. Puedes devolver los artículos hasta 30 días
No se equivocará con un vale de regalo. El destinatario puede elegir cualquier producto de nuestra oferta.
Hasta 30 días para devoluciones
Arredor do lume dá título a unha colección de relatos que, como apunta o propio subtítulo, só podían grelar nun tempo lonxano.Cada historia vai xurdindo así como abeirada pola anterior e ela mesma se debroca na seguinte, nun proceso facilitado tanto pola existencia do fío conductor do narrador-evocador, como pola permanente presenza, case animada, dese espacio máxico que se desenvolve cando a xente parola de vagar arredor do lume.Os contidos poden semellar intemporais: o amor, a morte, a fortuna, o malfado, a bondade, a ruindade... Nesta ocasión focalizados pola cultura, polos valores da ruralidade do noso país.A súa condición de atestado certeiro do rexistro coloquial é un dos seus maiores méritos. Nun momento no que tanto os usos como o léxico navegan á deriva por mor da limitación lingüística que hoxe asenta entre nós, da man dun uniformismo baleiro e de tanta expresión politicamente correcta, a lectura de Arredor do lume é un conforto.Gravado: J. Moreno Badía
¡Hola! Soy Libroamiko, tu asesor de libros.
¿Cómo puedo ayudarte?