2 951 526 libros electrónicos en 111 idiomas
¿No le conviene? No hay problema. Puedes devolver los artículos hasta 30 días
No se equivocará con un vale de regalo. El destinatario puede elegir cualquier producto de nuestra oferta.
Hasta 30 días para devoluciones
Un lóstrego bate enriba de Domènec, o poeta-labrego, que morre de inmediato. O lapso fugaz entre a vida e a morte marca esta historia de historias na que se mesturan pasado, presente e futuro; onde conviven realidade e ficción, historia e mitoloxía. «Canto eu e a montaña baila» é unha novela coral na que toman a palabra mulleres e homes, nubes e fungos, osos e cervatos que habitan entre Camprodon e Prats de Molló. Nesta zona do Pirineo catalán consérvase a memoria de séculos de loita pola supervivencia, de persecucións e de guerras fratricidas. Mais encarna tamén unha beleza propicia para liberar a imaxinación e contar historias; onde comezar de novo e acadar unha certa redención.