2 911 253 libros electrónicos en 111 idiomas
¿No le conviene? No hay problema. Puedes devolver los artículos hasta 30 días
No se equivocará con un vale de regalo. El destinatario puede elegir cualquier producto de nuestra oferta.
Hasta 30 días para devoluciones
Un ensaio abraiante sobre a nosa relación coa morte e a experiencia humana co máis aló a través da historia. A nosa relación cos mortos é, por necesidade, unha constante desde que os seres humanos somos conscientes. Pero non todas as culturas, e non en todos os momentos, responderon igual a este problema. A historia da humanidade construiuse sobre momias, esqueletos, corpos petrificados e embalsamamentos, pero tamén sobre reliquias, sobre o consumo de partes do corpo con fins médicos, execucións ou historias de vampirismo. En “Corpos. As outras vidas do cadáver” atopámonos unha liña do tempo algo diferente á que estamos afeitos, unha que nos convida a percorrer a Historia sen fixarnos tanto nas formas de vida, senón na maneira na que tratamos aos cadáveres, conservámolos para a posteridade e mesmo en como escribimos sobre eles. Erica Couto-Ferreira ofrécenos un ensaio inquietante, pero tamén divertido e filosófico, sobre a nosa relación co máis aló e co que deixamos atrás. Un texto para descubrir todas as vidas que lle esperan a un corpo despois da morte.
¡Hola! Soy Libroamiko, tu asesor de libros.
¿Cómo puedo ayudarte?