2 939 286 libros electrónicos en 111 idiomas
¿No le conviene? No hay problema. Puedes devolver los artículos hasta 30 días
No se equivocará con un vale de regalo. El destinatario puede elegir cualquier producto de nuestra oferta.
Hasta 30 días para devoluciones
Luís Manuel García Mañá, actual Xefe Superior de Policía de Galicia,ofrece neste fermoso libro, ilustrado coas fotografías de XurxoLobato, a radiografía exacta e documentadísima do Couto Mixto, unterritorio peculiar, situado na raia seca existente entre Galicia ePortugal, que mantivo ata 1862 unha singularidade político-administrativa, chegando a constituír un enclave independente e gozando os seushabitantes de privilexios por esta condición. Efectivamente, estarepública esquecida de natureza políti-co-administrativa complexaestivo xeograficamente enclavada nas parroquias galegas de Santiago de Rubiás do concello de Calvos de Randín e de San Andrés Meuaus doconcello de Baltar, mais vinculada historicamente a Portugal e España, a través de certa dependencia nobiliaria dos señoríos das Casas deBragança e do Conde de Monterrei. No presente volume, Luís M. GarcíaMañá, despois dunha docu-mentadísima esculca, debulla aspectos como aorixe, evolución e notas históricas deste territorio, re-flexionasobre o carácter independente que chegou a ter o Couto Mixto, expón os privilexios dos habi-tantes do Couto (persoais, políticos, fiscais,administrativos, económicos e comerciais), rematando con referencias á extinción do Couto, tras o tratado de Lisboa de 1864, e a súasituación actual. Pola súa banda, Xurxo Lobato, ofrece unhacoidadísima reportaxe, constituída por máis de medio cento de fotos,sobre o espazo e as xentes que habitan hoxe este territorio.
¡Hola! Soy Libroamiko, tu asesor de libros.
¿Cómo puedo ayudarte?