¿No le conviene? No hay problema. Puedes devolver los artículos hasta 30 días
No se equivocará con un vale de regalo. El destinatario puede elegir cualquier producto de nuestra oferta.
Hasta 30 días para devoluciones
O lector ten nas súas mans a segunda parte da Gramática Histórica Galega do Prof. Manuel Ferreiro, dedicada, nesta ocasión, ao estudo do devir léxico-semático do noso idioma, que continúa e complementa a primeira (xa na 4a edición), centra- da na Fonética e na Morfosintaxe. Co presente volume cérrase unha viaxe lingüística a través dos séculos, que se converterá, máis unha vez, nun referente inevitábel e nun instrumento fundamental para toda aquela persoa que pretenda coñecer en profundidade a evolución lingüística do idioma, o primeiro sinal de identidade da nación galega. È para Laiovento unha satisfacción a publicación dun traballo que, con todo o rigor filolóxico e con toda a paixón humana, permite coñecer o proceso de constitución do léxico galego (tanto o común como o toponímico e o antroponímico), descubrir os mecanismos de ampliación léxica que ao longo dos séculos permitiron multiplicar as súas palabras e significados, e, por último, acompañar a plural apropiación de moi diversos elementos lingüísticos, inicialmente extraños á nosa lingua.
¡Hola! Soy Libroamiko, tu asesor de libros.
¿Cómo puedo ayudarte?