2 888 024 libros electrónicos en 110 idiomas
¿No le conviene? No hay problema. Puedes devolver los artículos hasta 30 días
No se equivocará con un vale de regalo. El destinatario puede elegir cualquier producto de nuestra oferta.
Hasta 30 días para devoluciones
O protagonista da novela é quen conta a súa propia historia, unha vida na que plenitude e desengano, fracaso e ilusión aparecen mesturados inextricablemente. Desde o cárcere, e cun ton directo que non quere disimular nin agachar nada, o narrador confésalle a súa filla unha realidade persoal que, comezando polos anos de estudante nun colexio de relixiosos e despois como universitario en Compostela, chega aos lindes da experiencia humana ao participar na brutal represión exercida pola Triple A na Arxentina da ditadura militar. A vida e a morte como expresión dunha mesma experiencia, como dúas facianas dunha mesma realidade na que a vivencia espida e sen límites dos praceres da carne vai parella á da extición e a tortura. Rei Ballesteros fai convivir o asombro coa ironía, a orde coa desorde, o tempo como creador co tempo como destrutor, así logra transmitir ao lector a intensidade dunha existencia convulsa. Non sei cando nos veremos é unha novela que seduce e fai vibrar, narrada cunha habelencia literaria que non abafa a lectura e aliméntase dun pensamento inquisitivo e irreverente que se expresa a través do relato sen chegar a substituílo. Equilibrio na forma narrativa e intensidade no mundo que se expresa a través dela son as características que sinalan esta novela como a obra dun grande escritor.
¡Hola! Soy Libroamiko, tu asesor de libros.
¿Cómo puedo ayudarte?