2 902 953 libros electrónicos en 111 idiomas
¿No le conviene? No hay problema. Puedes devolver los artículos hasta 30 días
No se equivocará con un vale de regalo. El destinatario puede elegir cualquier producto de nuestra oferta.
Hasta 30 días para devoluciones
Baixo o título O Estado da Nación recóllense neste libro unha serie de documentos que son un fiel espello no que se reflicte, sen dúbida, a realidade política, económica e social da Galiza dos nosos días, concretamente do período que abrangue entre os anos 1989 e 2001, interpretando este como resultado da incapacidade dos sucesivos gobernos dos últimos doce anos, perante as diferentes problemáticas nacionais: o agro, a pesca, o escaso apoio ao proceso industrial, os interminábeis proxectos das vías de comunicación, a problemática do ensino, idioma, etc. Problemas estes que son abordados, analizados e interpretados dun xeito lúcido, brillante e orixinal polo catedrático da Universidade de Compostela Xosé Manuel Beiras Torrado.Mais todo o que se expón ao longo destas páxinas non fica nunha mera declaración obxectiva, senón que se ofrecen alternativas que ?en palabras do autor? se plasman nun conxunto vertebrado e congruente de criterios e compromisos explícitos e viábeis de acción de goberno, onde cada un diles responde ás necesidades prioritarias e aos intereses vitais de cada grupo social e de cada sector económico integrantes da poliforme e ricaz realidade que é Galiza.Prólogo: Xusto Beramendi.
¡Hola! Soy Libroamiko, tu asesor de libros.
¿Cómo puedo ayudarte?