2 878 505 libros electrónicos en 110 idiomas
¿No le conviene? No hay problema. Puedes devolver los artículos hasta 30 días
No se equivocará con un vale de regalo. El destinatario puede elegir cualquier producto de nuestra oferta.
Hasta 30 días para devoluciones
Le phénomène humain (1955), texto seminal do paleontólogo, filósofo e teólogo xesuíta Pierre Teilhard de Chardin, é unha obra mestra da ciencia e da filosofía que explora a evolución do cosmos e do ser humano desde unha perspectiva única e fascinante e desenvolve unha proposta provocadora da evolución, na que o ser humano é a culminación actual, pero non o destino final. Redactada entre xuño de 1938 e xuño de 1940, O fenómeno humanoádeixou unha pegada perdurable no pensamento contemporáneo, desafiando moitas conviccións e ofrecendo unha visión profunda e esperanzadora da humanidade no universo. Malia ter sido influída polos avances científicos e os debates filosóficos da época, os conceptos que propón seguen sendo plenamente relevantes na actualidade. O tempo achegou capas de silencio sobre o pensamento de Teilhard de Chardin pero, tal vez por iso, enfrontar hoxe a súa obra resulte estimulante e revelador na medida en que a súa proposta científica obriga a revisar certos dogmas da evolución. Tamén, e non é menos importante, porque esta poposta inclúe o nesgo dunha orientación preocupada por honrar tanto a razón como a fe.
¡Hola! Soy Libroamiko, tu asesor de libros.
¿Cómo puedo ayudarte?