2 913 255 libros electrónicos en 110 idiomas
¿No le conviene? No hay problema. Puedes devolver los artículos hasta 30 días
No se equivocará con un vale de regalo. El destinatario puede elegir cualquier producto de nuestra oferta.
Hasta 30 días para devoluciones
O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súahistoria. Os hobbits constitúen un pobo discreto pero moi antigo,noutrora máis numeroso do que é hoxe en día. Aman a paz e atranquilidade, e o cultivo da boa terra, o seu hábitat preferidoconstituíao unha rexión ben organizda e cultivada. En O Regreso do Rei Frodo e Sam, na súa penosa viaxe á Terra Escura, reciben a axudainesperada dun ser a quen coñecían só das lendas. A traizoeiracriatura intenta acabar con eles para apoderarse do Anel, senconseguilo, anque Frodo acaba en mans dos orcos, ferido. Só a cobizadeses seres detestables os salvará e lles permitirá continuar a viaxe, tortuosa e esgotadora polo sinistro deserto de Mordor cara aOrodruin, a montaña de lume na que se forxou o Anel e onde debe serdestruído.Paralelamente, no antigo reino de Gondor, rexido pormordomos que agardan a chegada do descendente do rei, desaparecido hai séculos, Aragorn demostra que pode curar coas súas mans. Esteprodixio revela o seu sangue real e ábreselle o camiño ó trono deGondor, ó mando do cal consegue derrotar definitivamente ó SeñorEscuro.Publicada en 1955, O Señor dos Aneis, a máis complexa das obras de Tolkien, supuxo a definitiva renovación do xénero fantástico.J.R.R. Tolkien, como filólogo e estudioso dos mitos, elaboroucomplexas estructuras nas súas historias, cheas de detalles eestilisticamente afastadas das modas. A través do universo fantásticodescrito en O Señor dos Aneis, debedor da mitoloxía escandinava,Tolkien formula o tema da corrupción do poder e a impersonalización do mundo industrializado. O seu profundo coñecemento dos ritos e o seuestilo marcadamente inglés fixeron desta triloxía épica, novelas quehoxe teñen unha extraordinaria vixencia e aceptación entre os lectores mozos de todo o mundo.
¡Hola! Soy Libroamiko, tu asesor de libros.
¿Cómo puedo ayudarte?