2 869 855 libros electrónicos en 110 idiomas
¿No le conviene? No hay problema. Puedes devolver los artículos hasta 30 días
No se equivocará con un vale de regalo. El destinatario puede elegir cualquier producto de nuestra oferta.
Hasta 30 días para devoluciones
A mediados da década de 1990, a piques de finalizar o século XX,abrollan na escena inglesa unha manchea de textos que provocaronreaccións ben similares ás que se produciran a finais da década de1950 coa irrupción dos mozos irados. Desta volta son as mulleres,entre elas Sarah Kane, que chegará a ser unha das autoras máisinteresantes do panorama teatral en Europa. A edición da Obradramática completa de Sarah Kane que agora presentamos inclúe cincotextos dramáticos (Derruba, Amor de Fedra, Límpidos, Degoiro, 4.48Psicose) e un guión (Pel). Trátase de pezas herdeiras, en moitosaspectos, do teatro da crueldade do escritor e actor francés AntoninArtaud, pezas nas que o corpo adquire protagonismo e o texto é unreflexo ou un medio no que a materia carnal se expresa. O ser humanonon só como linguaxe e pensamento, tamén como corpo que excede oslímites da representación. Malia a tráxica desaparición da autora en1999, a súa obra segue e a ter unha fonda vixencia e actualidade pormor deses mundos dominados pola dor que tan ben soubo reflectir e quenos falan dun forte compromiso coa vida.En colaboración coa Escola de Arte Dramática de Galicia e coaSecretaría Xeral de Política Lingüística, Editorial Galaxia tira doprelo un novo título da colección Biblioteca ESAD dedicada a textosteatrais traducidos para o galego. Trátase da Obra dramática completade Sarah Kane, unha das grandes innovadoras do teatro inglés doderradeiro cuartel do século XX. O libro leva un interesante edocumentado limiar de Manuel F. Vieites, que tamén se fixo cargo datradución.
¡Hola! Soy Libroamiko, tu asesor de libros.
¿Cómo puedo ayudarte?