2 905 689 libros electrónicos en 110 idiomas
¿No le conviene? No hay problema. Puedes devolver los artículos hasta 30 días
No se equivocará con un vale de regalo. El destinatario puede elegir cualquier producto de nuestra oferta.
Hasta 30 días para devoluciones
A obra de Xohana Torres constitúe un macrotexto no que a autora vai debullando e desestabilizando o tópico da muller galega como abnegada matriarca e nai, protectora da casa e dos fillos. Rexeita así a inmobilización das mulleres como esencia da nación. Igual que sucedera coas viúvas de vivos entolecidas ou suicidas de Rosalía de Castro, as protagonistas de Torres experimentan unha viaxe introspectiva, unha aprendizaxe e unha toma de consciencia que calla en identidades desarraigadas e insubmisas ás que o contexto social e familiar lles apón o estigma de raras e aínda tolas. Esas identidades cuestionan o discurso da nación herdado, identifícanse coa alteridade, coas rexeitadas, e rachan coa condena tácita á muller emigrante. Seguindo esta xenealoxía, a Penélope navegante de Tempo de ría (1992) non é unha irrupción abrupta pois conta cun antecedente, a Maxa de Adiós María (1971), unha novela que nin se ten valorado suficientemente no que ten de proxecto creativo innovador nin como reescritura cultural subversiva e feminista.
¡Hola! Soy Libroamiko, tu asesor de libros.
¿Cómo puedo ayudarte?